Billete de 10 euros

Billete de 10 euros

Primeira serie (2002-2013)[1]
Anverso
Reverso

Segunda serie (desde 2014)[2]
Anverso
Reverso

O billete de 10 euros é o segundo billete da serie do euro co valor facial máis baixo, posto en circulación desde a introdución do euro como moeda da Eurozona en 2002.

Este billete utilízase nos 25 países que teñen o euro como moeda única, cunha poboación de arredor de 343 millóns de persoas. En decembro de 2022, había uns 3.010.000,000 billetes de 10 euros en circulación na Eurozona. É o cuarto valor facial con máis presenza na circulación e representa o 10,2 % do papel moeda en uso.[3]

É tamén o segundo billete de menor tamaño, cunhas medidas de 127 × 67 mm, e a súa cor característica é avermellada.

Os billetes de 10 euros representan en ambas as súas faces pontes e arcos ou portas da arquitectura románica (séculos XI e XII). Conteñen ademais varios elementos de seguridade complexos, como marcas de auga, tinta invisible, hologramas e microimpresión, que acreditan a súa autenticidade.

O billete de 10 euros correspondente á segunda serie, coñecida como "Europa", foi anunciado o 13 de xaneiro de 2014 e entrou en circulación o 23 de setembro dese mesmo ano.[4]

  1. "10 Euro 2002 Series". Numista.com
  2. "10 Euro Europa Series". Numista.com
  3. "Euro banknotes, quantities". European Central Bank (ECB.europa.eu).
  4. "Nova nota de €10 divulgada hoje em Frankfurt am Main". Banco Central Europeu (ECB.europa.eu). 13 de xaneiro de 2014.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy